Saturday 27 de April de 2024

Gran participación e afluencia de público nas II Xornadas de Teatro e Saúde Mental


O auditorio da Casa da Cultura de Ordes acolleu no día de hoxe as II Xornadas de Teatro e Saúde Mental. Unha iniciativa levada a cabo pola asociación Andaina Pro Saúde Mental e na que colaboraron o Concello de Ordes e Feafes Galicia. O programa estivo composto por un total de sete obras representadas polos usuarios e usuarias das asociacións Pro Enfermos Mentais (APM), A Mariña, A Morea Show e o grupo DOA. Por parte de Andaina Pro Saúde Mental a función foi dobre, coa posta en escena de ‘Romeo e Xulieta’ e ‘O Mercader de Venecia’. Mediante esta iniciativa ponse de manifesto como o teatro e a expresión corporal e vocal pode ser empregada como ferramenta terapéutica en prol da comunicación das persoas afectadas, á par que se incide na eliminación de barreiras e estigmas sociais.